Martes, 31 de Agosto de 2010 00:00
redacción > ferrol
dirixidas a nenos de entre tres e cinco anos. Ó longo dos meses de xullo e agosto, unha media
de 45 rapaces ó día (o tope máximo que admiten as instalacións) participaron nas propostas
coas que a Concellería de Xuventude quixo encher o ocio dos cativos no estío, ó tempo que
facilitaba a coordinación da vida familiar e laboral ós seus pais.
A concelleira socialista María López visitou onte ós rapaces, que celebraban os últimos días do
verán cunha festa pirata. Ademais de vestirse con traxes feitos por eles nos días previos, os
nenos aproveitaron o bo tempo para buscar un tesouro ó aire libre. Tamén empregaron
escenarios con deseño propio para desenvolver esta actividade.
A edila subliñou o carácter didáctico deste campamento urbano, que se suma ó que se
celebrou durante o mes de xullo no Carvalho Calero, dirixido este último a rapaces de maior
idade.
Unha das claves do éxito desta ludoteca foi a súa ampla marxe horaria –entre as 9.30 e as
14.00 horas– e o feito de que non esixise inscrición previa. Só se precisaba acudir cos nenos ó
edificio do Cantón. Esta flexibilidade favoreceu a conciliación da vida laboral e familiar, un dos
principais obxectivos desta iniciativa. Desde o goberno local destacan ademais o feito de
ofrecer propostas de ocio que eran tamén educativas, guiadas por monitores especializados no
traballo con nenos de curta idade.